viernes, 24 de agosto de 2007

Pregoeiras Festas das Peras 2007:Faltriqueira




Carolina, Ana, María e Teresa serán as encargadas de dar o pregón o vindeiro día 7 as 20.00 h das festas das Peras 2007.Iniciadas en Orballo, recollen a herdanza tradicional das cantantes pandereteiras enchoupándoa da súa xuventude, naturalidade, gusto e achegamento a diferentes estilos musicais próximos e lonxanos xeograficamente.Colaboraron en gravacións e acompañaron en concertos a Luar na Lubre, Mike Oldfield, Oskorri, Kepa Junkera, Víctor Manuel, antes e despois dun debut discográfico editado a finais do 2002 e distribuído por medio mundo. Faltriqueira (Resistencia, 2002) levounas á portada da revista Folk Roots, referente da música con raíces e otorgoulles unha gran aceptación da crítica especializada, pois foi escollido entre os 10 mellores álbumes do 2003 na World Music Charts Europe (lista europea de músicas do mundo). Do mesmo xeito, varias cancións súas foron escollidas para diversos recopilatorios coma “Women´s World Voices”, “Femmes Celtes” ou “Oriental Garden”.
NOSA SEÑORA DAS PERAS



Miraxes para Faltriqueira e o seu efecto

No hay comentarios: